Oferta Académica

Máis de 100 titulacións de graos, mestrados e doutoramentos a elexir na maioría dos campos de coñecemento. Todos eles adaptados ao sistema ECTS e oficialmente recoñecidos en todo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Estuda en Inglés

Para os estudantes internacionais os cursos en inglés son unha oportunidade para estudar nun país diferente e aprender de xeito cómodo. Para os que queren estudar na UDC, e prefiren facelo en inglés por non se sentiren seguros para estudar en castelán ou galego, ou porque queren aprender dous idiomas, presentamos a nosa oferta académica en inglés.

Máis información

Estudos Internacionais

Tendo en mente a cada vez maior demanda e o progreso da globalización, a Universidade da Coruña ofrece titulaciones internacionais no marco de acordos bilaterais con outras institucións. Estas titulacións proporcionanlles aos estudantes a capacidade de mellorar a súas oportunidades e desenvolver a súa carrera profesional.  

Máis información

Programas Study Abroad

A Universidade da Coruña mantén acordos con institucións estranxeiras co fin de organizar programas específicos de Study Abroad para estudantes internacionais 

 

Centro de linguas

O Centro de Linguas, un punto de encontro dinámico na nosa tamén dinámica institución, ofrece a oportunidade de aprender español como idioma estranxeiro tanto aos estudantes que nos visitan durante o ano académico como aos que só permanecerán por períodos máis breves de tempo. O centro tamén ofrece cursos de inglés, alemán, francés, italiano e portugués.

Máis información

Servizo de normalización lingüística

Galicia ten unha lingua propia: o galego. O Servizo de normalización lingüística organiza cada verano un curso de galego para estranxeiros que inclúe diversos obradoiros e visitas guiadas pola cidade. Asemade, este servizo está presente, xunto coas outras dúas universidades galegas, na organización dun curso intensivo de lingua galega para estudantes entrantes.

Máis información