Cultura e Deporte na UDC

A Universidade da Coruña ten considerado sempre que a cultura e o deporte son obxectivos prioritarios e, como tales, desempeñan un importante papel na estratexia universitaria.

Descubre A Coruña

Á beira do Océano Atlántico, A Coruña é unha cidade histórica cuxo símbolo é a Torre de Hércules, Patrimonio da Unesco desde 2009. Na Coruña atoparás museos, teatros e centros culturais que, xunto coas súas rúas, prazas e igrexas medievais, forman a columna vertebral da vida cultural da cidade (foto cedida por Oscar Blanco)

Máis información

Descubre Ferrrol

O barrio da Magdalena, o arsenal, os museos navais, Ferrol Vello, o castelo de San Felipe e as fortificacións ao longo da ría, a súa gastronomía, as súas praias, os seus arredores, a Semana Santa, e os festivais e tradicións… son algunhas das razóns, entre outras moitas, para visitar Ferrol.

Máis información

Cooperación e Voluntariado

A Oficina de cooperación e voluntariado traballa con diferentes ONGs e desenvolve os seus propios programas de cooperación e voluntariado

Máis información

 

Asociacións de Estudiantes

 

Xestionadas por e para estudantes, co obxecto de proporcionar distintas actividades, axuda e servizos, as asociacións de estudantes internacionais son a parte representativa dos ditos estudantes nos campus universitarios, axudándoos a que a súa experiencia como estudantes internacionais se converta en sinónimo de éxito.

Na Universidade da Coruña podes atopar: