Catálogo de Investigación

O catálogo contén información sobre os proxectos desenvolvidos polos membros da UDC. Podes atopar información por código, centro, ou outras opcións; tamén podes realizar procuras máis específicas, utilizando o directorio de grupos, unidades e investigadores individuais.

Máis información

Escola de Doutoramento

Creada en 2013, a Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC) organiza, xestiona e fai a supervisión e seguimento dos programas de doutoramento que ofrece a Universidade da Coruña. Cada estudante de doutoramento ten que estar rexistrado e matriculado na Escola de Doutoramento.

Máis información

Parque Tecnológico

Universidade da Coruña contribúe ao progreso e á innovación coa posta en marcha dun parque tecnolóxico. Este parque tecnolóxico está formado por un complexo conxunto de centros de investigación cuxo obxectivo final é aumentar os vínculos coa industria e a comunidade e fomentar así o I+D+i.

Máis información

 

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) é o interface entre os investigadores da UDC e a industria. Esta unidade presta o seu apoio aos grupos de investigación para atopar acordos coas industrias. Tamén é responsable das empresas de base tecnolóxica creadas a partir dos resultados da investigación na UDC.

Máis información

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

A Vicerreitoría de Investigación e Transferencia é a unidade responsable da infraestructura e dos programas de investigación na UDC. Apoia a investigación, a transferencia tecnolóxica e a innovación dentro da comunidade universitaria. Esta vicerreitoría proporcionalles instalacións aos investigadores, fomenta un entorno de investigación sostible, comunica os resultados e o impacto das investigacións na UDC, e avalía os resultados de investigación e transferencia.

Máis información