O noso equipo internacional

 

 

  O noso equipo internacional é o responsable de desenvolver e implementar a estratexia de acordos internacionais, a cooperación e o intercambio de estudantes/persoal.

  Co obxectivo de proporcionar uns bos servizos de información en todo momento, estamos aquí para aconsellar e apoiar os estudantes e o persoal que visitan a UDC e os estudantes e persoal da nosa institución que realiza unha mobilidade, axudando no proceso de solicitude, informando sobre os procesos de visado, aloxamento, bolsas etc.

  Mantemos unha estreita colaboración coas asociacións de estudantes e mais co Centro de Linguas para divulgar información actualizada sobre actividades culturais, acontecementos sociais e cursos de idiomas organizados ao longo do ano.